domingo, 18 de noviembre de 2012

                     A NOSA PRIMEIRA SAIDA!!!!

      O venres 5 de outubro saímos a coñecer algo máis o noso entorno.
      Primeiro fomos ao Auditorio, alí vimos unha exposición sobre o Prestige, e tamén as exposicións permanentes das plantas superiores que nos mostran os recursos dos que dispón o noso Concello, a súa historia máis recente e outras cousas moi interesantes.
      Logo fomos camiñando ata o Xardín Botánico e vimos numerosas plantas e árbores. Tamén visitamos a Aula da Natureza.
      Como había moitas cousas para ver, non nos deu tempo a visitar o Museo do Moucho polo que tivemos que volver o martes seguinte a deleitarnos coa estupenda colección de mouchos que ten.
      Os nenos fixeron un traballo sobre a saída. Pinchade nos enlaces para ver algúns dos traballos. 
Saída Laura
Saída Alba 
Saída Claudia 




miércoles, 10 de octubre de 2012

ESTAMOS DE VOLTA!!!
Queremos dar a benvida aos nos@s alumn@s e as súas familias a un novo curso escolar. 
Intentaremos que algúns dos seus traballos nos axuden a ir actualizando este blog.
Pero ante todo, o que queremos é que os nen@s aprendan e se divirtan aprendendo.

jueves, 10 de mayo de 2012



CONTOS ILUSTRADOS

Na clase aprendemos a utilizar unha ferramenta que nos permite crear uns contos moi fermosos. 
Nos seguintes enlaces tedes algúns exemplos.

Antón
Adrián
Alex
José
Julián

domingo, 6 de mayo de 2012

GRANDES ESCRITORES
Recordades as actividades propostas para celebrar o día do libro?
Pois unha delas consistía en escribir unha historia a partir de imaxes de cadros famosos.
Aquí tedes o resultado.
 La historia misteriosa 
 La increíble historia de Merlín y Pegaso
 Las aventuras de Arturo 




miércoles, 2 de mayo de 2012

VISITA NO COLEXIO

O pasado 19 de abril tivemos a visita de profesores e alumnos dos distintos países que participan con nós no Proxecto Comenius. 
Paula, Julián, Roberto e Raúl fixeron unha presentación en inglés contando o traballo que fixemos a partir da receita dos periquitos:
  • Taller de cociña.
  • Actividades de Matemáticas e de Lingua.
  • Creación dunha empresa de distribución a través de internet.
  • Carteis publicitarios. 
Aquí tedes unhas fotos da elaboración dos carteis, que coa axuda das profesoras de Inglés, fixeron os nen@s para promocionar o seu produto.

martes, 17 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO
 
O vindeiro 23 de abril vaise celebrar o 'Día do Libro'. Para coñecer máis sobre este tema preparamos unhas actividades moi interesantes.

Aquí tedes o enlace!

Tamén fixemos un poster dos que se levan...

DIXITAL!!!