domingo, 18 de noviembre de 2012

                     A NOSA PRIMEIRA SAIDA!!!!

      O venres 5 de outubro saímos a coñecer algo máis o noso entorno.
      Primeiro fomos ao Auditorio, alí vimos unha exposición sobre o Prestige, e tamén as exposicións permanentes das plantas superiores que nos mostran os recursos dos que dispón o noso Concello, a súa historia máis recente e outras cousas moi interesantes.
      Logo fomos camiñando ata o Xardín Botánico e vimos numerosas plantas e árbores. Tamén visitamos a Aula da Natureza.
      Como había moitas cousas para ver, non nos deu tempo a visitar o Museo do Moucho polo que tivemos que volver o martes seguinte a deleitarnos coa estupenda colección de mouchos que ten.
      Os nenos fixeron un traballo sobre a saída. Pinchade nos enlaces para ver algúns dos traballos. 
Saída Laura
Saída Alba 
Saída Claudia 




No hay comentarios:

Publicar un comentario