miércoles, 29 de febrero de 2012

TALLER DE COCIÑA


A semana antes do Entroido fixemos unha actividade moi divertida os nenos e nenas de 6º xunto cos nenos e nenas de 5 anos. 
Fomos á cociña do cole e... preparamos periquitos!!!
Sabedes o que son? Son unhas rosquillas riquísimas e moi sinxelas de facer. 
Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
Tamén vos deixamos a receita por se os queredes facer na casa.



PERIQUITOS

INGREDIENTES

 2 ovos
 1 limón
 1 laranxa
 ¼ vaso de aceite ( unhas 6 culleradas)
 ¼ vaso de anís (opcional)
 3 culleradas de azucre
 unha pizca de sal
 ½ kilo de fariña con levadura (aproximadamente)
 azucre moído

MODO DE FACELO

Relamos o limón e a laranxa, esprememos o zume e reservamos.
Batemos os ovos nun molde e engadimos o azucre, o sal e o aceite.
Batemos todo ben e engadimos unha pouca fariña.
Engadimos a reladura e o zume do limón e a laranxa, seguimos remexendo e xuntamos outra pouca fariña.
Engadimos o anís (opcional), revolvemos e sumamos máis fariña ata que a masa esté dura e non se nos pegue aos dedos (cando esté algo dura debemos rematar de amasala encima dunha mesa na que previamente puxemos unha pouca fariña para que non se nos pegue).
Con un coitelo imos cortando anacos pequeniños de masa e dámoslle forma coas mans (podemos facer rosquillas, paíños, lazos...)

UTENSILIOS

Precisamos unha cunca grande para mesturar os ingredientes, un espremedor, un relador, un batedor, un vaso, unha culler, un prato, un coitelo, unha cesta para colocar os periquitos feitos.



jueves, 2 de febrero de 2012

Experimentamos coa densidade.




EXPERIMENTAMOS COA DENSIDADE


Na clase de Coñecemento estudiamos a densidade dos corpos.
Despois de ver a teoría aplicámola á práctica.
Os nenos estaban moi ilusionados porque era a súa primeira visita ao laboratorio do colexio. 

COMO CALCULAR A DENSIDADE DUN OBXECTO

O primeiro experimento que fixemos foi calcular a densidade de diferentes obxectos. Para isto tivemos que averiguar en primeiro lugar o volume e a masa de cada un de eles.





O primeiro que fixemos foi calcular a masa dunhas gomas de borrar, utlizando unha báscula dixital.













Para averiguar o volume utilizamos unha probeta na que botamos una determinada cantidade de auga (300 ml).




Logo botamos as gomas dentro da probeta e comprobamos canto sube a auga. A diferencia entre os
300 ml anteriores e o que marca agora (400ml) é o volume das gomas.


Unha vez que tivemos todos os datos os nenos calcularon a densidade das gomas.
 Densidade= m / v
D= 77 g/ 100 ml = 0,77 g / ml

Logo fixemos o mesmo para calcular a densidade dunha pedra.
 
Densidade da pedra = 98 g / 40 ml = 2, 45 g/ ml






DENSIDADE DA AUGA DOCE E SALGADA





Para comprobar que a densidade da auga salgada é maior ca da auga doce utilizamos un ovo.
Primeiro botamos o ovo en auga doce e este afúndese. Logo engadimos sal e comprobamos que a medida que engadíamos  máis sal o ovo iba subindo ata manterse a flote.
Con esto demostramos que a densidade da auga salgada é maior ca da auga doce.
Esto explica porque flotamos mellor no mar que na piscina.