A NOSA PRIMEIRA SAIDA!!!!
O venres 5 de outubro saímos a coñecer algo máis o noso entorno.
Primeiro fomos ao Auditorio, alí vimos unha exposición sobre o Prestige, e tamén as exposicións permanentes das plantas superiores que nos mostran os recursos dos que dispón o noso Concello, a súa historia máis recente e outras cousas moi interesantes.
Logo fomos camiñando ata o Xardín Botánico e vimos numerosas plantas e árbores. Tamén visitamos a Aula da Natureza.
Como había moitas cousas para ver, non nos deu tempo a visitar o Museo do Moucho polo que tivemos que volver o martes seguinte a deleitarnos coa estupenda colección de mouchos que ten.
Os nenos fixeron un traballo sobre a saída. Pinchade nos enlaces para ver algúns dos traballos.
Saída Laura
Saída Alba
Saída Claudia
domingo, 18 de noviembre de 2012
miércoles, 10 de octubre de 2012
jueves, 10 de mayo de 2012
domingo, 6 de mayo de 2012
GRANDES ESCRITORES
Recordades as actividades propostas para celebrar o día do libro?
Pois unha delas consistía en escribir unha historia a partir de imaxes de cadros famosos.
Aquí tedes o resultado.
La historia misteriosa La increíble historia de Merlín y Pegaso
Las aventuras de Arturo
miércoles, 2 de mayo de 2012
VISITA NO COLEXIO
O pasado 19 de abril tivemos a visita de profesores e alumnos dos distintos países que participan con nós no Proxecto Comenius.
Paula, Julián, Roberto e Raúl fixeron unha presentación en inglés contando o traballo que fixemos a partir da receita dos periquitos:
- Taller de cociña.
- Actividades de Matemáticas e de Lingua.
- Creación dunha empresa de distribución a través de internet.
- Carteis publicitarios.
martes, 17 de abril de 2012
O NOSO VOLCÁN
O noso compañeiro Raúl trouxo a clase un libro moi interesante "Experimentos 100%". Coincidindo con que na clase de Coñecemento estabamos estudiando as partes da xeosfera e nun dos apartados falaba dos volcáns gustounos a idea de construír o noso propio volcán, por suposto antes da erupción propiamante dicha houbo un traballo previo de investigación e preparación dos volcáns, e posteriormente de recapitulación e análise dos resultados.
Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos!
Queres ver algún dos traballos feitos por nós? Pois pincha neste enlace.
O noso compañeiro Raúl trouxo a clase un libro moi interesante "Experimentos 100%". Coincidindo con que na clase de Coñecemento estabamos estudiando as partes da xeosfera e nun dos apartados falaba dos volcáns gustounos a idea de construír o noso propio volcán, por suposto antes da erupción propiamante dicha houbo un traballo previo de investigación e preparación dos volcáns, e posteriormente de recapitulación e análise dos resultados.
Aquí tedes algunhas fotos do que fixemos!
Queres ver algún dos traballos feitos por nós? Pois pincha neste enlace.
miércoles, 29 de febrero de 2012
TALLER DE COCIÑA
A semana antes do Entroido fixemos unha actividade moi divertida os nenos e nenas de 6º xunto cos nenos e nenas de 5 anos.
Fomos á cociña do cole e... preparamos periquitos!!!
Sabedes o que son? Son unhas rosquillas riquísimas e moi sinxelas de facer.
Aquí tedes unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos.
Tamén vos deixamos a receita por se os queredes facer na casa.
Tamén vos deixamos a receita por se os queredes facer na casa.
PERIQUITOS
INGREDIENTES
▪ 2 ovos
▪ 1 limón
▪ 1 laranxa
▪ ¼ vaso de aceite ( unhas 6 culleradas)
▪ ¼ vaso de anís (opcional)
▪ 3 culleradas de azucre
▪ unha pizca de sal
▪ ½ kilo de fariña con levadura (aproximadamente)
▪ azucre moído
MODO DE FACELO
1º Relamos o limón e a laranxa, esprememos o zume e reservamos.
2º Batemos os ovos nun molde e engadimos o azucre, o sal e o aceite.
3º Batemos todo ben e engadimos unha pouca fariña.
4º Engadimos a reladura e o zume do limón e a laranxa, seguimos remexendo e xuntamos outra pouca fariña.
5º Engadimos o anís (opcional), revolvemos e sumamos máis fariña ata que a masa esté dura e non se nos pegue aos dedos (cando esté algo dura debemos rematar de amasala encima dunha mesa na que previamente puxemos unha pouca fariña para que non se nos pegue).
6º Con un coitelo imos cortando anacos pequeniños de masa e dámoslle forma coas mans (podemos facer rosquillas, paíños, lazos...)
UTENSILIOS
Precisamos unha cunca grande para mesturar os ingredientes, un espremedor, un relador, un batedor, un vaso, unha culler, un prato, un coitelo, unha cesta para colocar os periquitos feitos.
jueves, 2 de febrero de 2012
Experimentamos coa densidade.
EXPERIMENTAMOS COA DENSIDADE
Na clase de Coñecemento estudiamos a densidade dos corpos.
Despois de ver a teoría aplicámola á práctica.
Os nenos estaban moi ilusionados porque era a súa primeira visita ao laboratorio do colexio.
COMO CALCULAR A DENSIDADE DUN OBXECTO
O primeiro experimento que fixemos foi calcular a densidade de diferentes obxectos. Para isto tivemos que averiguar en primeiro lugar o volume e a masa de cada un de eles.
O primeiro que fixemos foi calcular a masa dunhas gomas de borrar, utlizando unha báscula dixital.
Para averiguar o volume utilizamos unha probeta na que botamos una determinada cantidade de auga (300 ml).
Logo botamos as gomas dentro da probeta e comprobamos canto sube a auga. A diferencia entre os
300 ml anteriores e o que marca agora (400ml) é o volume das gomas.
300 ml anteriores e o que marca agora (400ml) é o volume das gomas.
Unha vez que tivemos todos os datos os nenos calcularon a densidade das gomas.
Densidade= m / v
D= 77 g/ 100 ml = 0,77 g / mlLogo fixemos o mesmo para calcular a densidade dunha pedra.
Densidade da pedra = 98 g / 40 ml = 2, 45 g/ ml
DENSIDADE DA AUGA DOCE E SALGADA
Primeiro botamos o ovo en auga doce e este afúndese. Logo engadimos sal e comprobamos que a medida que engadíamos máis sal o ovo iba subindo ata manterse a flote.
Con esto demostramos que a densidade da auga salgada é maior ca da auga doce.
Esto explica porque flotamos mellor no mar que na piscina.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)